Un total de trinta establecementos locais participarán dende o luns no “Entroido Gastronómico”
O Concello organizou unha nova edición do “Entroido Gastronómico”, unha convocatoria na que participarán trinta establecementos de hostalería da cidade dende o vindeiro luns, día 20, ata o domingo 26 de febreiro. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que os establecementos participantes repartirán entre a clientela polas súas consumicións boletos de “rasca e …